0 Cesta 0,00 €

A SúA CESTA ESTÁ VACÍA

Engádalle productos. ¡Consulte a nosa amplia gama de productos!

A NOSA ESCOLA E ACADEMIA

ESCOLA DE RUGBY ALVAC CR FENDETESTAS

A Escola está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos (categorías M6, M8, M10 e M12). 

 

Adestramentos

Onde? Campo indoor (ver ubicación)

Cando? Sábados

A que hora?  11:00-12:00 (M8) |  12:00-13:30 (M10) | 12:00-13:00 (M6)

M12: xoves 18:30-20:00 (artificial) e sábados 10:30-12:00 (indoor)

A Escola de Rugby Alvac CR Fendetestas participa nas Concentracións de Escolas de Rugby organizadas pola Federación Galega de Rugby.

 

 

ACADEMIA DE RUGBY CR FENDETESTAS

A Academia está dirixida a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos (categorías M14, M16 e M18).

 

Adestramentos

Onde? Campo artificial Evaristo Puentes Durán (ver ubicación)

Cando? Martes e xoves

A que hora? 19:00-20:30 (martes) | 18:30-20:00 (xoves)

 

Actualmente, os xogadores e xogadoras do CR Fendetestas participan nas Ligas Galegas de rugby no equipo UNIÓN DO NORTE RUGBY, formado polos clubes CR Fendetestas (As Pontes), Muralla RC (Lugo), Escola de Rugby Astérix (Viveiro) e Capóns RC (Vilalba). 

O equipo M14 recibe o nome de Unión do Norte Rugby Alvac As Pontes, e está xestionado polo CR Fendetestas. Participa na Liga Galega de Rugby M14. 

Os equipos M16 e M18 reciben o nome de Unión do Norte Rugby, e están xestionados polo Muralla RC. Participan na Liga Galega de Rugby M16 e na Liga Galega de Rugby M18, respectivamente. 

 

Date de alta xa como xogador ou xogadora da Escola ou da Academia do CR Fendetestas!


Preme aquí