0 Cesta 0,00 €

A SúA CESTA ESTÁ VACÍA

Engádalle productos. ¡Consulte a nosa amplia gama de productos!

OS NOSOS CAMPUS

Campus CR Fendetestas

Os campus de rugby organizados polo CR Fendetestas, máis coñecidos como Fendecampus, naceron no ano 2017. Desde entón, organizamos dous campus ao ano:

Campus de rugby Vila das Pontes: verán (agosto-setembro)

Campus de Nadal CR Fendetestas: inverno (decembro)

Están dirixidos a crianzas de entre 6 e 16 anos e teñen lugar en As Pontes. 

Polo de agora levamos 7 edicións, que son un éxito ano tras ano e obteñen valoracións moi positivas tanto dos nenos e das nenas como das familias. 

 

As nosas señas de identidade

Os Fendecampus teñen o rugby como eixo central, pero este está rodeado de moitas outras actividades e, sobre todo, da transmisión dos nosos valores. Facemos visitas culturais e excursións, coñecemos outros deportes, adestramos con xogadores e xogadoras profesionais... Sempre nunha contorna inclusiva, sen discriminacións e facendo do respecto o noso superpoder. 

 

Os nosos patrocinadores

Os Fendecampus non serían posible sen a colaboración de entidades privadas que aportan o seu gran de area para difundir os nosos valores e para traballar a prol dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.

Entidades como Alvac S.A., Gadis, Servicio Móvil S.L., Macron Store A Coruña e ITA Animación levan anos apoiándonos.

Queres unirte a eles? Ponte en contacto con nós!

Colabora co Fendecampus

 

Queres saber máis?

Contacta con nós

 

Vídeo do IV Campus de Nadal CR Fendetestas, realizado por Alberto da Silva.