Xornadas tecnificación 2025

Xornadas de tecnificación 2025
O CR Fendetestas organiza, xunto co Concello das Pontes, unhas xornadas de tecnificación orientadas a xogadores e xogadoras M14, M16 e M18 con licenza federativa en vigor. O evento conta co patrocinio de Grupo Servicio Móvil.
Estas xornadas terán lugar os días 22, 23 e 24 de decembro nas instalacións deportivas do Poboado (As Pontes) en horario de 10.30 a 13.30h. As sesións estarán impartidas por corpo técnico de relevancia a nivel galego, que traballará diferentes conceptos do rugby.
O prazo de inscrición remata o 17 de decembro e hai prazas limitadas. Corre, que voan!
Se tes calquera dúbida, podes poñerte en contacto en coordinacion@crfendetestas.com ou no móbil 604 04 04 08 (Carla).

Gl