0 Cesta 0,00 €

A SúA CESTA ESTÁ VACÍA

Engádalle productos. ¡Consulte a nosa amplia gama de productos!

IX Campus de rugby Vila das Pontes

 

 

IX Campus de rugby Vila das Pontes

O CR Fendetestas organiza, xunto co Concello das Pontes, o seu tradicional campus de verán, que vai xa pola novena edición. O evento conta co patrocinio de Grupo Servicio Móvil e coa subvención da Deputación da Coruña.

O Fendecampus terá lugar entre o 24 e o 28 de agosto e está dirixido a crianzas nadas entre 2011 e 2020.

A inscrición ao campus inclúe seguro de accidentes deportivos, seguro de responsabilidade civil e dúas camisetas. Ademais, existen dúas modalidades de inscrición:

  • Campus completo: de 10.00 a 18.00h, excepto o venres de 10.00 a 16.00h. Inclúe almorzo de media mañá, xantar, excursión do mércores con merenda e noite de pernoita con cea e almorzo.
  • Campus só mañás: de 10.00 a 14.00h, excepto o venres de 10.00 a 16.00h. Inclúe almorzo de media mañá.

O prazo de inscrición remata o 14 de xullo e hai prazas limitadas. Corre, que voan!

Se tes calquera dúbida, podes poñerte en contacto en coordinacion@crfendetestas.com ou no móbil 604 04 04 08 (Carla).

Inscrición