0 Cesta 0,00 €

A SúA CESTA ESTÁ VACÍA

Engádalle productos. ¡Consulte a nosa amplia gama de productos!

A cota inclúe: licenza federativa na categoría correspondente; seguro de accidentes deportivos; carné de socix familiar (ou carné de socix colaborador co 50% de desconto); sesións de adestramento; material e instalacións para adestramento; botiquín para adestramentos e competicións; servizo de ambulancia/médico nos partidos da casa; terceiro tempo nos partidos da casa; autobús para os partidos fóra (sempre baixo nº mínimo de xogadores/as).


Pago en prazos e descontos: As cotas poden pagarse en dous prazos: un antes do 30 de setembro de 2021 e outro antes do 26 de febreiro de 2022. No caso de que o xogador ou xogadora tivese ficha o ano pasado, esta tempada e de xeito excepcional descóntase a súa contía se asistiu á maioría dos adestramentos. No caso de que o xogador ou xogadora se dese de alta como socix no 2021, a persoa terá un desconto de 30€ na súa cota para esta tempada. Na categoría sénior, hai a posibilidade de facerse socix colaborador co 50% de desconto, en lugar de socix familiar.

produtos relacionados