0 Cesta 0,00 €

SU CESTA ESTÁ VACÍA

Agrégale productos. ¡Consulte nuestra amplia gama de productos!

Xornadas Tecnificación CR Fendetestas

Xornadas Tecnificación CR Fendetestas

CR Fendetestas organiza, xunto co Concello das Pontes, unhas xornadas de tecnificación orientadas a xogadores/as das categorías M12M14M16 e M18 con licenza federativa en vigor. Estas xornadas terán lugar nas instalacións deportivas de O Poboado (As Pontes) en horario de 10.30 a 13.30h, e contarán coa presenza de staff de relevancia a nivel galego que traballarán diferentes conceptos do rugby.

 

PROGRAMA

MARTES 27 | Obradoiro sobre ruck | Elsa Porto (CRAT A Coruña) e Joel Carballeira (CR Fendetestas)

MÉRCORES 28 | Obradoiro sobre pateo | Mauro Álvarez (CR Ferrol)

XOVES 29 | Obradoiro sobre melé e touch | Edgar Segovia e Gonzalo Silva (CR Fendetestas)

 

 

  PROCESO DE INSCRICIÓN

  1.  Cubre o formulario de inscrición pulsando aquí
  2. Pulsa en MERCAR ENTRADAS para pagar a inscrición
  3. Recibirás un correo confirmando a túa inscrición
  4. Listo! Xa tes praza nas Xornadas de tecnificación CR Fendetestas

 

PREZO INSCRICIÓN: 10€ (inclúe almorzo de media mañá)

 

TES DÚBIDAS?

Contacta con nós no mail coordinacion@crfendetestas.com ou no móbil 604 04 04 08 (Carla).

 
 

 ORGANIZA

 PATROCINA

 COLABORA