0 Cesta 0,00 €

SU CESTA ESTÁ VACÍA

Agrégale productos. ¡Consulte nuestra amplia gama de productos!

Xornadas tecnificación 2023

Xornadas de tecnificación 2023

O CR Fendetestas organiza, xunto co Concello das Pontes, unhas xornadas de tecnificación orientadas a xogadores e xogadoras M12, M14, M16 e M18 con licenza federativa en vigor. O evento conta co patrocinio de Grupo Servicio Móvil e coa colaboración da Deputación da Coruña.

Estas xornadas terán lugar os días 27, 28 e 29 de decembro nas instalacións deportivas do Poboado (As Pontes) en horario de 10.30 a 13.30h. As sesións estarán impartidas por corpo técnico de relevancia a nivel galego, que traballará diferentes conceptos do rugby.

O prazo de inscrición remata o 19 de decembro e hai prazas limitadas. Corre, que voan!

Se tes calquera dúbida, podes poñerte en contacto en campus@crfendetestas.com ou no móbil 604 04 04 08 (Carla).

 

Inscríbete xa!